O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Tarefas relacionadas coa prevención e extinción de incendios forestais

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

O Concello de Teo asinou un convenio coa CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, ao abeiro do cal se procederá á contratación de 7 persoas, dacordo cos seguintes postos e duración do contrato:

 

  • 1 xefe/a de brigada de prevención e extinción de lumes. 3 meses. Xornada completa. Que deberá contar con alguna das seguintes titulacións:

o   Enxeñería de montes

o   Enxeñería técnica forestal

o   Técnico/a superior en xestión forestal e do medio natural

o   Técnico/a en aproveitamento e conservación do medio natural

o   Técnico/a en emerxencias e protección civil ou formación profesional equivalente.

 

  • 4 Peóns de brigada de prevención e extinción de lunes. 3 meses. Xornada completa.

     

  • 2 conductores/as – motobombistas. 3 meses. Xornada completa.(Necesario o carné C de conducir)

 

Temos estes postos ofertados, a través do Servizo Público de Emprego de Galicia, as ofertas entraron en difusión no día de onte, 15 de xullo, co cal se poden ver nesta ligazón buscando nesa data (ou por localidade) https://emprego.xunta.gal/portal/es/buscar-empleo.html
 

As persoas interesadas poden "anotarse" desde a propia oferta, premendo na lapela "solicitar".

Os traballos serán a quendas (mañá e tarde no caso dos conductores motobombistas) e o resto farán noites tamén.

Arquivos
Adjunto Tamaño
Bases motobombista.pdf 262.39 KB
Bases xefe brigada.pdf 261.8 KB
Bases peón brigada.pdf 265.25 KB
Oficio.pdf 165.26 KB
Ofertas de emprego.pdf 229.41 KB