Praza de arquitecta/o técnica/o. Promoción interna e funcionarización.

Data presentación
Data presentación fin

ANUNCIO NO BOE. UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A.. Promoción interna e funcionarización.

Publícase no BOE número 128 do 30 de maio de 2023 a Resolución do Concello referente á convocatoria de varias prazas, entre elas unha de arquitecta/o técnica/o, pertencente ao cadro de persoal funcionario, escala da Administración Especial, categoría técnica, grupo A, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, quenda de acceso promoción interna por funcionarización. 

Consulta aquí o anuncio publicado no BOE. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE. 

O prazo de presentación de instancias vai do 1 ao 27 de xuño de 2023. 

Publicado en teo.gal o 30 de maio de 2023. 

ANUNCIO NO DOG. UNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A TÉCNICO/A. Promoción interna e funcionarización. 

DOG número 92 do luns 15 de maio publica o anuncio das bases xerais e específicas que regularán varios procesos selectivos de funcionarización e promoción interna do Concello de Teo, entre os que se atopa unha praza de arquitecta/o técnica/o.  

Consulta aquí o anuncio publicado no DOG. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento dos procesos selectivos efectuaranse de conformidade co previsto nas devanditas bases.

Publicado en teo.gal o 15 de maio de 2023. 

BASES XERAIS E ESPECÍFICAS DUNHA PRAZA DE ARQUITECTA/O TÉCNICA/O. Promoción interna e funcionarización. 

O BOP número 69 do 12 de abril publica as bases xerais e específicas que regulan o proceso selectivo dunha (1) praza de arquitecta/o técnica/o, polo sistema de promoción interna e a súa funcionarización, ao abeiro da disposición transitoria segunda do texto refundido da lei do estatuto básico do emprego público, aprobado polo real decreto lexislativo 5/2015, de 30 de outubro. 

Consulta aquí o anuncio publicado no BOP coas bases completas. 

Prazo para a presentación de solicitudes

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, empregando o Anexo I destas Bases, no Rexistro Xeral do Concello, en horario de atención ao público de 9:00 a 14:00 horas, e no prazo de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Publicado en teo.gal o 12 de abril de 2023.