Praza administrativo. Promoción interna.

Data presentación
Data presentación fin

LISTA PROVISIONAL

Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo, para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo/a. 

Consulta aquí a lista provisional. 

Ábrese un prazo de reclamacións que vai dende o 6 ao 20 de outubro, ambos incluídos. 

Publicado en teo.gal o 5 de outubro de 2021. 

ANUNCIO NO BOE DO 4 DE SETEMBRO

Publícase no BOE 212 do 4 de setembro a resolución para a provisión dunha praza de administrativo, mediante o sistema de concurso oposición, en quenda de promoción interna.

Consulta aquí o anuncio completo do BOE

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicaicón da resolución no BOE. Deste xeito o prazo esténdese do luns día 6 de setembro ao venres 1 de outubro.

Publicado en teo.gal o 6 de setembro

ANUNCIO NO DOG DO 24 DE AGOSTO

Publícase no DOG número 162 do 24 de agosto o anuncio da corrección de erros da convocatoria e das bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo, funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Publicado en teo.gal o 24 de agosto de 2021. 

Publícase no BOP nº 136 do 21 de xullo de 2021 o anuncio da corrección de erros da convocatoria e bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público 2019. 

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 504/2021, do 24.05.2021, aprobou a convocatoria e Bases que regulan o proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de administrativo, funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso – oposición.

As devanditas bases foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña nº 99, do 28.05.2021.

A Resolución da Alcaldía nº 791/2021, do 07.07.2021, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente as Bases Cuartas letras c) e d) e da Base Novena apartados A) e B) e do Anexo II. A Resolución da Alcaldía nº 830/2021, do 15.07.2021, aprobou a corrección de erros das devanditas Bases, concretamente a Base Novena, apartado A).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria. 

Publicado en teo.gal o 22 de xullo de 2021.