LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. ORIENTADOR/A LABORAL. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de orientador/a laboral, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. ORIENTADOR/A LABORAL. ESTABILIZACIÓN.
Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro.
O BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de orientador/a laboral, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de orientador/a laboral.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. ORIENTADOR/A LABORAL.
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
O anuncio inclúe a convocatoria da praza de orientador/a laboral, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE ORIENTADOR/A LABORAL.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase da praza de orientador/a laboral, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022,de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.