O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

ORIENTADOR/A LABORAL. ESTABILIZACIÓN.

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA

Considerando que con data 18 de xaneiro de 2024 expirou o novo prazo de presentación de instancias para participar no devandito proceso selectivo.

Apróbase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas que presentaron instancias neste último prazo.

De conformidade co previsto na base sexta das Bases reguladoras deste proceso selectivo, as persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas, neste novo prazo de presentación de instancias, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos (é dicir, do 9 ao 22 de febreiro, ambos incluídos).

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixisen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas do proceso selectivo. De non se presentar reclamacións ou correccións dentro deste prazo, a lista provisional de persoas admitidas e excluídas elevarase a definitiva.

 

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS

No «Boletín Oficial del Estado» número 301, de 16 de decembro de 2022, publicouse a Resolución de 5 de decembro de 2022, referente á convocatoria para proveer varias prazas, segundo as bases publicadas no «Boletín Oficial da Provincia da Coruña» número 230, de 5 de decembro de 2022.

No «Boletín Oficial da Provincia da Coruña» número 225, de 24 de novembro de 2023, publicouse anuncio de rectificación de ditas bases.

Ábrese un novo prazo de presentación de instancias, exclusivamente para as prazas obxecto desta rectificación, de vinte días naturais a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no «Boletín Oficial del Estado».

 

MODIFICACIÓN DO REQUISITO DA TITULACIÓN ESIXIDA

Publícase a Resolución da Alcaldía nº 1388/2023, de 16 de novembro, pola que se estima o recurso reposición contra as bases específicas para a convocatoria dunha praza de orientador/a laboral incluída na OEP para a estabilización do emprego temporal ao abeiro do disposto na Lei 20/2021.

O prazo de presentación das instancias é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da nova convocatoria no Boletín Oficial do Estado.

Consulta aquí a resolución.

Publicado en teo.gal o 24 de novembro de 2023. 

 

LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. ORIENTADOR/A LABORAL. PERSOAL LABORAL FIXO.

Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de orientador/a laboral, persoal laboral fixo.

Consulta aquí a listaxe provisional.

As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.

O prazo esténdese do 25 de xaneiro ao 7 de febreiro de 2023.

 

ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. ORIENTADOR/A LABORAL. ESTABILIZACIÓN. 

Proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da lei 20/2021, do 28 de decembro. 

BOE número 301 do 16 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria da praza de orientador/a laboral, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio. 

Consulta aquí o anuncio completo. 

No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer mediante o sistema de concurso a praza de orientador/a laboral. 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado". 

O prazo de presentación de instancias para participar nos procesos de estabilización das prazas vai do 17 de decembro de 2022 ao 16 de xaneiro de 2023. 

Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso. 

Publicado en teo.gal o 16 de decembro de 2022. 

 

ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN. ORIENTADOR/A LABORAL.

DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Consulta aquí o anuncio completo.

O anuncio inclúe a convocatoria da praza de orientador/a laboral, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio. 

Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.

 

BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. PRAZA DE ORIENTADOR/A LABORAL.

O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO

O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.

Convócase da praza de orientador/a laboral, en réxime laboral, grupo A, subgrupo A2, técnico medio. 

A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022,de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.

Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí

Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.