O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
O servizo de atención á factura eléctrica desta semana trasládase ao xoves, 7 de decembro, en horario de 10.00 a 12.00 horas
LISTA PROVISIONAL. ESTABILIZACIÓN. EDUCADOR/A FAMILIAR. PERSOAL LABORAL FIXO.
Publícase a lista provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso de estabilización de emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro, dunha (1) praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo.
Consulta aquí a listaxe provisional.
As persoas aspirantes excluídas ou as omitidas na relación de persoas admitidas e excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello para reclamacións ou corrección de defectos.
O prazo esténdese do 6 ao 17 de febreiro de 2023.
Respecto da documentación non presentada e que figura como causa de exclusión lémbrase a seguinte información:
Publicado en teo.gal o 3 de febreiro de 2023.
ANUNCIO DOG CORRECCIÓN DE ERROS PRAZA EDUCADOR/A FAMILIAR
O DOG número 5 do 9 de xaneiro de 2023 publica o anuncio ANUNCIO de corrección de erros da Resolución 1561/2022, do 29 de novembro.
A Resolución da Alcaldía núm. 1603/2022, do 7 de decembro, corrixe a Resolución núm. 1561/2022, publicada no BOP núm. 230, do 5 de decembro, no que se refire ás bases específicas e á convocatoria dunha praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, que quedan redactadas segundo a Resolución publicada no BOP núm. 234, do 13 de decembro de 2022.
O que se publica para efectos de xeral coñecemento e da interposición polas persoas interesadas dos recursos que se consideren oportunos.
Consulta aquí o anuncio completo
Publicado en teo.gal o 9 de xaneiro de 2022.
ANUNCIO NO BOE E APERTURA DE PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS. PRAZA DE EDUCADOR/A FAMILIAR.
PROCESO ESTABILIZACIÓN.
O BOE número 311 do 28 de decembro de 2022 publica o anuncio referente á convocatoria para proveer a praza de educador/a familiar.
Consulta aquí o anuncio completo.
No Boletín Oficial da Provincia da Coruña, número 230, do 5 de decembro de 2022, publicáronse íntegramente as bases que rexerán a convocatoria para proveer a citada praza mediante o sistema de concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no "Boletín Oficial do Estado".
O prazo de presentación de instancias para participar nos proceso de estabilización da praza de educador/a familiar vai do 29 de decembro ao 26 de xaneiro de 2022.
Descarga aquí o modelo de instancia oficial que se debe presentar para participar no proceso.
Publicado en teo.gal o 28 de decembro de 2022.
ANUNCIO NO DOG DAS BASES DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN
O DOG número 236 do 14 de decembro de 2022 publica o ANUNCIO das bases das convocatorias para a provisión de prazas de funcionaria/o de carreira e persoal laboral fixo, ao abeiro do previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava la Lei 20/2021, do 28 de decembro.
Consulta aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 14 de decembro de 2022.
CORRECCIÓN DE ERROS PRAZA EDUCADOR/A FAMILIAR
O BOP número 234 do 13 de decembro publica unha corrección de erros do anuncio publicado no BOP núm. 230 do 05.12.2022, relativo ás bases específicas e a convocatoria dunha praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo (disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro).
Podes consultar aquí o anuncio completo.
Publicado en teo.gal o 13 de decembro de 2022.
BASES XERAIS, ESPECÍFICAS E CONVOCATORIA DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL AO ABEIRO DO PREVISTO NAS DISPOSICIÓNS ADICIONAIS 6ª E 8ª DA LEI 20/2021, DE 28 DE DECEMBRO. EDUCADOR/A FAMILIAR.
O BOP NÚMERO 230 DO 5 DE DECEMBRO PUBLICA O ANUNCIO
O BOP número 230 do 5 de decembro publica o anuncio das bases xerais, específicas e convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas disposicións adicionais 6ª e 8ª da Lei 20/2021, de 28 de decembro.
Convócase a praza de educador/a familiar, persoal laboral fixo.
A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo nº 1561/2022, de 29 de novembro, aprobou as bases xerais, especificas e a convocatoria do proceso de estabilización do emprego temporal ao abeiro do previsto nas Disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021 de 28 de decembro.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado e no Portal de Transparencia deste Concello.
Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria e podes consultar premendo aquí
Publicado en teo.gal o 5 de decembro de 2022.
Attachment | Size |
---|---|
anuncio BOE - 16.12.22_0.pdf | 190.19 KB |
anuncion dog estabilizacion_0_0.pdf | 411.82 KB |
bases estabilizacion disposicions 6 e 8 _0.pdf | 252.57 KB |
correccionerros educador_a familiar_0.pdf | 129.26 KB |
Instancia_estabilización_concurso_0.pdf | 67.21 KB |
BOE - 28.2022 - correccion educadora social - novo prazo.pdf | 186.08 KB |
DOG 9 xaneiro - correccion erros educadora familiar.pdf | 398.29 KB |
Listas provisionais_educadora familiar.pdf | 67.68 KB |