O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Bolsa de emprego de telefonista

| compartir:

Inicio do prazo de presentación

Fin do prazo de presentación

CONSTITUCIÓN DA BOLSA DE EMPREGO DE TELEFONISTA

Apróbase a constitución da Bolsa de emprego de persoal laboral temporal, categoría telefonista, coa seguinte relación de aspirantes, sendo que os chamamentos produciríanse atendendo á orde de prelación das persoas aspirantes e en función das necesidades existentes. 

Podes consultar a resolución completa premendo aquí.

Publicado en teo.gal o 17 de outubro de 2022. 

EXAME DO PROCESO DA BOLSA DE TELEFONISTA 

Publícase o exame do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de telefonista no Concello de Teo. 

Podes consultar o exame premendo aquí

Publicado en teo.gal o 13 de outubro de 2022. 

RESULTADO DO PROCESO SELECTIVO DA BOLSA  DE TELEFONISTA NO CONCELLO DE TEO

Publícase o resultado do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de telefonista no Concello de Teo. 

Consulta aquí o resultado. 

Publicado en teo.gal o 10 de outubro de 2022. 

MODELO DE RESPOSTAS DO EXAME NO PROCESO DA BOLSA DE TELEFONISTA

Consulta aquí o modelo de respostas do primeiro exercicio da bolsa de telefonista.

Publicado en teo.gal o 7 de outubro de 2022.

ANUNCIO DE DATA E HORA NA QUE DARÁ COMEZO O PRIMEIRO EXERCICIO DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONSTITUCIÓN E FUNCIONAMENTO DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A CONTRATACIÓN CON CARÁCTER TEMPORAL DE TELEFONISTA NO CONCELLO DE TEO

Unha vez constituído o Tribunal para o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de telefonista, acórdase fixar a data do primeiro exercicio segundo o previsto na base oitava para o venres día 7 de outubro de 2022, ás 12.00 horas, na Casa Común de Oza, situada en Catro Camiños, 7, Oza.

Publicado en teo.gal o 23/09/2022.

LISTA DEFINITIVA DE ASPIRANTES ADMITIDAS. TELEFONISTA

Publícase a lista definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas do proceso convocado para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de persoal na categoría de telefonista. 

Consulta aquí a lista definitiva de aspirantes. 

Detectado un erro na resolución da lista publícase unha corrección de erros que podes consultar aquí

Acórdase tamén convocar aos membros do tribunal cualificador para o vindeiro día 19 de setembro de 2022, ás 9:00 horas, na Casa Consistorial, ao efecto de constitución do tribunal.

Publicado en teo.gal o 6 de setembro de 2022. 

LISTA PROVISIONAL DE ASPIRANTES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS. TELEFONISTA

Publícase a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución dunha bolsa de emprego de telefonista no Concello de Teo. 

Consulta  aquí a lista provisional

O prazo de subsanación é de cinco (5) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución coa lista provisional no taboleiro e na web municipal. Deste xeito o prazo vai do mércores 10 ao mércores 17 de agosto, ambos incluídos.

Publicado en teo.gal o 9 de agosto de 2022.

ANUNCIO DA BOLSA DE EMPREGO DE TELEFONISTA PUBLICADO NO DOG

O DOG número 138 do 20 de xullo de 2022 publica o anuncio ANUNCIO de convocatoria de bolsa de emprego para a contratación temporal de telefonista.
A Resolución da Alcaldía número 802/2022, do 20 de xuño, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de telefonista no Concello de Teo.
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo para a presentación de instancias esténdese desdeo xoves 21 de xullo ata o

4 de agosto, ambos os dous incluídos.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 121, do 28 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da corporación, na páxina web municipal e no portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Descarga aquí a instancia para participar no proceso selectivo.

Publicado en teo.gal o 21 de xullo.

ANUNCIO BOLSA DE EMPREGO DE TELEFONISTA E BASES QUE REXERÁN A CONVOCATORIA

Publícase, no BOP número 121 do martes 28 de xuño, o anuncio da convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de telefonista no Concello de Teo.

A Resolución da Alcaldía nº 802/2022, de 20 de xuño, aprobou a convocatoria e as Bases específicas que regulan o proceso selectivo para a constitución e funcionamento dunha bolsa de emprego para a contratación con carácter temporal de telefonista.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Achéganse as bases reguladoras que rexerán a convocatoria. 

Publicado en teo.gal o 28 de xuño de 2022.