Xogamos aos rescates na biblioteca

biblio

O venres 15 ás 18:00 horas xogaremos na Biblioteca dos Tilos coa rapazada de 7 a 13 anos ás Rescatadoras. As rescatadoras é herdeiro do xogo de pistas Rescate na biblioteca, con 3 anos de permanencia no catálogo de Ler Conta Moito. Da man de Antía Yáñez a rapazada descubrirá a súa biblioteca desde unha nova perspectiva. As escritoras, as ilustradoras, as personaxes dos libros... As protagonistas, á fin e ao cabo. Elas serán as que lles axudarán a seguir as pistas de forma correcta para chegar á solución do enigma.

Actividade realizada coa Rede de Bibliotecas de Galicia a través do programa Ler Conta Moito

Entradas: A actividade é de balde pero é necesario reservar entrada enviando un correo electrónico a entradascultura@teo.gal indicando o nome e apelidos e o número de aistentes ademáis dun teléfono de contacto.