Redrum teatro esgota as prazas para "O mozo da última fila" na Ramallosa

Mozo

Redrum teatro chega ao Auditorio Municipal Constante Liste para presentar a súa obra O mozo da última fila, peza indicada para público adulto. Será o venres 8 de xaneiro ás 20:00 horas. A función é de balde pero hai que reservar entrada escribindo un correo-e a entradascultura@teo.gal indicando o nome das persoas que asistirán e un número de teléfono de contacto. A actividade é para persoas empadroadas.

Segundo explica Redrum Teatro na súa web O mozo da última fila fala de Claudio, un estudante de secundaria que senta na última fila e non participa ata que un mestre de lingua lles manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. Dende ese momento comeza unha transformación do rapaz que imaxina a vida doutros nun relato para un só lector convertíndose nun xogo cada vez máis perigoso.

Máis información sobre a programación cultural de xaneiro premendo aquí