O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Feiriña do San Martiño para crianzas

O domingo 7 de novembro celébrase a Feiriña do San Martiño, unha xornada previa á feira do día 11 pensada para as crianzas. Nela os/as máis pequenos/as da casa poderán achegarse á tradición da feira con actividades pensadas para eles/as. 

Obradoiros de zocos con refugallo, de cabaliños de pau e moita música son os ingredientes da Feiriña que se fará na carballeira de Francos dende as 11:00 horas do día 7 e se pechará cun concerto de Pakolas. 

Toda a información sobre a programación da Feiriña premendo aquí

feiriña
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento