O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A Feiriña do San Martiño oferta varios obradoiros e moita música

| compartir:

O San Martiño vén este ano cunha sorpresa para as familias con crianzas, a Feiriña o domingo antes do 11 de novembro. María López, concelleira de Turismo, explica que "apostamos por deseñar un espazo de encontro para a cativada coa feira como motivo principal e pensamos que o domingo anterior é un momento perfecto, máis tranquilo que o día 11 e con tempo e espazo para que as crianzas se acheguen a esta feira tan importante para Teo". 

A Feiriña celébrase na carballeira de Francos, en Calo, Teo, o domingo 7 dende ás 11:00 horas e durante toda a xornada haberá actividades para público familiar na carpa. Haberá xogos para familias na carballeira e moita música.

Obradoiro de zocos e de cabaliños

A rapazada poderá participar en dous obradoiros, un de zocos e outro de cabaliños de pau. Farase un taller de zocos con materiais de refugallo, para crianzas de máis de 6 anos, que se realizará en tres quendas, ás 11, 12 e 13 h. Para participar é preciso inscribirse premendo aquí.

Teremos pola tarde outro obradoiro de cabaliños de pau, que se realizará en dúas quendas, de 16.00 a 16:30 e de 16.30 a 17.00 h. e para o que xa te podes inscribir premendo aquí.

Pola mañá teremos ao cuarteto tradicional da Asociación Cultural A Mámoa de Luou. Durante toda a xornada contaremos co pallaso Piter e a súa banda con actividades de circo, malabares, equilibrimos, zancudos. Tamén haberá varios pases de xogos en familia ao que se accederá por orde de chegada. 

A Feiriña pecharase cun concerto ás 17:30 horas de Pakolas e o seu espectáculo “Rockeando con Ramona Órbita”. O acceso a esta actuación farase por orde de chegada.

Para completar a xornada lembrámosvos que dende a propia carballeira sae unha ruta apego e tamén poderedes visitar os cabaliños de madeira do San Martiño do ano pasado. 

Podes consulta aquí a programación completa do San Martiño 2021. 

feiriña

cabaliños