Visita do Paxe Real ao Recuncho Cultural do Nadal

buzón real

O domingo 3 de xaneiro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, o Paxe Real das SS MM os Reis Magos de Oriente estará no Recuncho Cultural de Nadal para recoller as cartas dos nenos e nenas de Teo. A entrada é libre pero sempre mantendo a distancia de seguridade. O Recuncho Cultural de Nadal está no exterior do Auditorio Constante Liste, na Ramallosa.
Haberá tamén venda de churros e rosquillas.

Ás 19:30 horas farase un sorteo de 3 lotes de xoguetes educativos entre as cartas do buzón real.

Segue aberta a inscrición para a Autocabalgata de Reis. Podes reservar a túa praza premendo aquí

Máis información sobre a programación cultural de xaneiro premendo aquí