Visita do Paxe Real ao Recuncho Cultural de Nadal

recuncho

O sábado 2 de xaneiro, entre as 17:00 e as 20:00 horas, o Paxe Real das SS MM os Reis Magos de Oriente estará no Recuncho Cultural de Nadal para recoller as cartas dos nenos e nenas de Teo. A entrada é libre pero sempre mantendo a distancia de seguridade. O Recuncho Cultural de Nadal está no exterior do Auditorio Constante Liste, na Ramallosa.
Haberá tamén venda de churros e rosquillas.
Sigue aberta a inscrición para a Autocabalgata de Reis. Podes reservar a túa praza premendo aquí
Máis información sobre a programación cultural de xaneiro premendo aquí