Escola ecoloxista de Teo

escola ecoloxista

Mocidade pon en marcha este mes de xaneiro a Escola ecoloxista de Teo. A primeira sesión desta actividade será o sábado 23 de xaneiro de 12:00 a 14:00 horas na Casa Común Marisa Mirás. Está dirixida a rapazada de 12 a 18 anos. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico a mocidade@teo.gal indicando os datos persoais e se precisa servizo de transporte.

Máis información sobre esta actividade premendo aquí