O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Mocidade pon en marcha a escola ecoloxista de Teo

| compartir:

A concellaría de Mocidade pon en marcha a Escola ecoloxista de Teo dirixida a rapazada de 12 a 18 anos. Trátase dunha iniciativa que nace coa intención de ser un lugar de encontro para a mocidade teense no que poidan achegarse á ecoloxía social.

A primeira xuntanza da escola será o sábado 23 de xaneiro de 12:00 a 14:00 horas na Casa Común Marísa Mirás (Calo) e durante a sesión está previsto tamén achegarse á carballeira da Tomada, en fronte do local municipal. A actividade é de balde e para participar só hai que enviar un correo electrónico a mocidade@teo.gal indicando os datos da persoa participante.

A escola nace con vocación de continuidade e a idea é ter unha sesión bimensual. Non é preciso participar de xeito obrigatorio en todas pero cada participante terá un carné ecoloxista que se lle irá selando en cada xornada que realice. Na medida en que os participantes repitan a transformación da súa visión da contorno será maior.

A escola será un lugar de encontro para aqueles mozos/as que queiran achegarse a temas coma a mobilidade, o comercio xusto, a agro ecoloxía ou a protección da natureza entre outros.

Dende a Concellaría apostan porque a escola ecoloxista sexa unha auténtica transformación social construída dende o local pensando no global. As decisións particulares e locais teñen un impacto no mundo no que vivimos e a mocidade é un dos colectivos da sociedade máis sensibilizados.

escola ecoloxista