Concerto "Brinca vai de aquí a acolá"

Paco Nogueiras

O sábado 23 de xaneiro ás 18:00 horas teremos a Paco Nogueiras co seu espectáculo Brinca vai de aquí a acolá para público familiar. O concerto é para persoas empadroadas en Teo e o aforo é limitado polo que hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal indicando o nome dos asistentes así como un número de teléfono de contacto.

Máis información sobre a programación cultural de xaneiro premendo aquí