O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Coloquio teatral sobre o espectáculo "Invisibles"

O venres 15 ás 20:00 horas no Auditorio Constante Liste a compañía Redrum Teatro presenta un coloquio teatral sobre a obra Invisibles dirixida a público adulto. Para asistir hai que reservar entrada no correo-e: entradascultura@teo.gal indicando o nome dos asistentes e un teléfono de contacto.

Invisibles é unha adaptación do libro homónimo da periodista Montse Fajardo que relata casos reais de violencia de xénero sufridos por sete mulleres galegas. Está protagonizado por Mela Casal, Sheyla Fariña e Neves Rodríguez baixo a dirección de Marián Bañobre, segundo indican dende Redrum Teatro.

Máis información sobre a programación cultural de xaneiro premendo aquí

 

Invisibles
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento