O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Autocine en Lucí: Bumblebee. 18 de xullo.

O autocine chega a Lucí o sábado 18 de xullo ás 22:15 horas coa película Bumblebee. A proxección será no campo da festa da parroquia. A concellaría de Cultura programa sesións de autocine en todas as parroquias do Concello. As entradas pódense reservar dende 15 días antes de cada sesión. 

Procedemento para a reserva de entradas:

-Prioridade para a veciñanza empadroada nas propias parroquias onde se proxecte o filme e por orde de apuntamento.

-A través das comisións de festas, asociacións, ou colectivos de referencia a nivel parroquial, no caso de habelos, ou no enderezo electrónico: autocinecultura@teo.gal, nos telefónos 881 957 534 – 689 386 303 en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres, indicando o nome e apelidos, número de DNI, teléfono, aldea e parroquia, matrícula do coche e a película que quere ver.

- Non se poderá asistir sen previo apuntamento para a retirada da entrada e sen cumprir os requisitos.

Para garantir a asistencia da veciñanza á súa parroquia correspondente terán preferencia os veciños e veciñas da parroquia na que se proxecte o filme correspondente e por orden de apuntamento. No caso de que queden entradas libres poderase ter en conta a entrada das persoas doutras parroquias diferentes a onde se proxecte o filme, sempre con previo apuntamento.

O prazo sacar as entradas será de quince días antes da proxección de cada un dos filmes.

Agradecemos expresamente a colaboración neste proxecto das comisións de festas, asociacións, entidades ou colectivos de veciñanza de cada unha das 13 parroquias que, a falta de verbenas, acolleron con moita ilusión e traballo este proxecto no que van a botar unha man para que todo saia “de película”.

Achegamos o programa premendo aquí

Máis información sobre o autocine de Teo premendo aquí

autocine
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia