O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

AUTOCINE: Unha cultura alternativa segura para coidarnos neste tempo

| compartir:

Dende a Concellería de Cultura, Educación, Administración e Relacións Veciñais ofértase un programa cultural de Autocine polas parroquias. O autocine é unha proposta cultural alternativa e segura nestes tempos que vivimos, onde podemos ir nos nosos coches e sen saír deles, mirar o filme e sintonizar a radio manualmente para poder escoitalo, ao máis puro estilo americano. 

Programarase un filme por parroquia,  durante os meses de xuño a setembro, en datas arredor das festas da cada unha delas e farase en colaboración coas comisión de festas, asociacións, entidades ou colectivos de veciñanza de cada unha das 13 parroquias.

Este evento, que está pensado para adaptarse á realidade deste momento, implica tamén que temos que adaptarnos tamén ás capacidades dos espazos, aínda que sexa en exterior. Polo tanto en función da que teñan os sitios de proxección ben sexan campos de festa, explanadas, etc. determinarase o número de coches que poden entrar, o que implica que para poder asistir temos que establecer un sistema de entradas polo límite dos sitios.

As entradas para o autocine son de balde e están destinadas á veciñanza empadroada no Concello pero para poder contar cunha delas hai que reservalas.

Reserva de entradas:

-Prioridade para a veciñanza empadroada nas propias parroquias onde se proxecte o filme e por orde de apuntamento.

-A través das comisións de festas, asociacións, ou colectivos de referencia a nivel parroquial, no caso de habelos, ou no enderezo electrónico: autocinecultura@teo.gal, nos telefónos 881 957 534 – 689 386 303 en horario de 9:00 a 14:00 de luns a venres, indicando o nome e apelidos, número de DNI, teléfono, aldea e parroquia, matrícula do coche e a película que quere ver.

- Non se poderá asistir sen previo apuntamento para a retirada da entrada e sen cumprir os requisitos.

Para garantir a asistencia da veciñanza á súa parroquia correspondente terán preferencia os veciños e veciñas da parroquia na que se proxecte o filme correspondente e por orden de apuntamento. No caso de que queden entradas libres poderase ter en conta a entrada das persoas doutras parroquias diferentes a onde se proxecte o filme, sempre con previo apuntamento.

O prazo sacar as entradas será de quince días antes da proxección de cada un dos filmes.

Agradecemos expresamente a colaboración neste proxecto das comisións de festas, asociacións, entidades ou colectivos de veciñanza de cada unha das 13 parroquias que, a falta de verbenas, acolleron con moita ilusión e traballo este proxecto no que van a botar unha man para que todo saia “de película”.

Achegamos o programa premendo aquí

autocine

Arquivos descargables

Attachment Size
Cartel Autocine Teo.pdf 6.82 MB