Títeres na Biblioteca dos Tilos

Cahirulo Teatro na Biblioteca dos Tilos

O xoves 11 de outubro, ás 18:00 h na Biblioteca dos Tilos teremos sesión de títeres da man de Cachirulo Teatro, dentro do programa Ler Conta Moito da Rede de Biblioteca de Galicia.Trátase da adaptación en galego para marionetas da obra de D. Ramón María del Valle-Inclán, “La cabeza del dragón”. O Príncipe Verdemar é desterrado do seu fogar e, coa axuda dun trasgo falcatrueiro, terá que loitar contra bandoleiros e mesmo contra o terrible dragón que ten apresada a filla do Rey Micomicón para poder retornar triunfante a casa.

Está pensada para público infantil (nenos e nenas de 5 a 11 anos) e a entrada é de balde ata completar aforo.