O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Pedro Brandariz na Biblioteca dos Tilos

O venres 5 de de outubro, dentro das actividades organizadas no programa Ler Conta Moito en colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia, chega á BPM dos Tilos-Teo Pedro Brandariz con “Os Contos do Grúfalo”. É un espectáculo de narración oral para público infantil protagonizado por un ratiño que vai atopando diferentes animais que viven no bosque e todos o queren papar, pero de todos eles consigue salvarse con moito astucia e recurrindo a un ser imaxinario chamado “Grúfalo”, unha invención da súa cachola que se cadra finalmente non era tal.

Será ás 19:00 horas e a entrada é de balde ata completar aforo.

Conto do Grúfalo de Pedro Brandariz na BPM dos Tilos-Teo
Mostrar en Portal Transparencia
Data do evento
Parroquia