O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polos concelleiros de Deportes, Gelucho Gómez, e de Relación Veciñais, Juan Cerqueiro, recibiu ao culturista, Miguel Pereira Pola, logo de conseguir outros dous títulos mundiais na disciplina de Culturismo.
A rexedora puxo en valor o traballo e tesón deste veciño de Teo, pois trátase dunha competición moi esixente, non só coa actividade deportiva, senón tamén coa alimentación e descanso. Tamén se interesou polos pasos a seguir agora, logo de anunciar a súa retirada, e aproveitou para animalo a seguir sendo un referente para moitos deportistas.
Cabe lembrar que Miguel Pereira conseguiu sete campionatos mundiais, nove títulos nacionais e un Míster Universo, unha lista de títulos e premios que avalan o seu esforzo e recoñecen a súa figura no no mundo do culturismo.