O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o mércores 2 de setembro, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, e a directora de Marketing Social y Convenios de Fundación ONCE e directora de Área de Empresas, Alianzas, RSC-D de Inserta Empleo, Mar Medeiros, subscribiron un convenio Municip para impulsar o emprego das persoas con discapacidade no municipio.
A alcaldesa asegurou que este tipo de iniciativas conlevan beneficios centrados na inserción laboral, a accesibilidade universal e o codeseño de políticas sociais inclusivas, posicionando a Teo como unha administración comprometida coa Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), mellorando a cohesión social e atendendo de forma prioritaria aos colectivos en situación de vulnerabilidade.
Pola súa parte, Mar Medeiros destacou que a firma deste acordo reflexa a importancia das alianzas entre administracións públicas e entidades especializadas para construír entornos máis inclusivos. “Con este convenio impulsaremos non só a incorporación das persoas con discapacidade ao mercado laboral, senón tamén iniciativas que favorezan a accesibilidade universal e a participación plena de todas as persoas na vida económica e social de Teo”, engadiu.
O convenio, o cal está cofinanciado pola Unión Europea, establece un marco de colaboración para mellorar a situación laboral das persoas con discapacidade mediante programas de formación, captación, derivación, orientación e inserción de persoas con discapacidade para conseguir o seu acceso a un emprego de calidade.
Un dos obxectivos do convenio é precisamente sensibilizar aos cidadáns, pero tamén aos axentes sociais e ás organizacións e institucións sobre as capacidades das persoas con discapacidade, co fin de impulsar a súa incorporación no mercado laboral e concienciar ao tecido empresarial na aposta polo talento mozo.
Esta acordo inclúe igualmente a colaboración co tecido asociativo de Teo, para que a prestación de servizos a persoas con discapacidade se canalice a través deles, ao que se suman accións de difusión para que a sociedade coñeza as diferentes actuacións que se levan a cabo.