O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de licitar o contrato para a limpeza da rede de abastecemento do municipio mediante un camión aspirador-impulsor. Os interesados teñen toda a información do proceso na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar ofertas ata o vindeiro 11 de agosto.
O servizo consistirá na limpeza hidrodinámica das redes de saneamento, pluviais, plantas de tratamento e depuración de augas e do resto de elementos que integren o saneamento no termo municipal teense mediante equipos mixtos de aspiradores-impulsores, así como na xestión dos residuos acumulados nas tarefas referidas.
En concreto, actuarase no saneamento tubular e non tubular, nos pozos de rexistro, fosas sépticas, condutos e instalacións dende a rede de saneamento cara os sumidoiros, acometidas dos inmobles privados á rede xeral de saneamento, estacións de bombeo, sumidoiros, elementos da rede de abastecemento obxecto de limpeza periódica e outros elementos da propia rede de saneamento.
As ditas tarefas de limpeza realizaranse, de forma periódica, dous días á semana pero, no caso de necesidade de carácter urxente por deficiencia do servizo, a empresa adxudicataria deberá prestar servizos extraordinarios fóra do horario establecido .
A duración deste contrato será de dous anos, con posibilidade de prórroga dun ano máis.