O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo arquitecto municipal, Ignacio Soto, mantivo un encontro co director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, para abordar as posibles actuacións de mellora orientadas a poñer en valor o Camiño Portugués, unha ruta que percorre o municipio e achega visitantes ao concello.
Durante o encontro, analizáronse as necesidades existentes no segundo itinerario xacobeo con maior afluencia de peregrinos. No que vai de ano, máis de 108.000 peregrinos elixiron esta ruta como vía de peregrinación a Santiago de Compostela. Ademais, estudáronse accións para reforzar a conservación e a accesibilidade dos espazos polos que discorre o Camiño, co obxectivo de seguir mellorando a experiencia dos visitantes.