O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Finalizado outro curso de perfeccionamento de Internet e teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Servizos Sociais e Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, fixo entrega dos diplomas acreditativos dunha nova edición do curso para maiores sobre perfeccionamento de Internet e teléfono móbil. 

Nesta edición participaron un total de nove persoas, veciñas de Teo e maiores de 60 anos, que remataron a súa formación de 18 horas. Trátase da segunda parte dos cursos de iniciación á Internet e ao teléfono móbil, que permiten ampliar os coñecementos adquiridos na primeira fase. 

A rexedora municipal aproveitou a ocasión para felicitar ao alumnado polo seu interese en aprender novos conceptos e seguir traballando na memoria cognitiva. Ademais, este tipo de cursos tamén fomentan a socialización, o cal é vital para previr o illamento, estimular a mente e mellorar a calidade de vida. 

Cabe lembrar que o período de inscrición para os cursos de iniciación e perfeccionamento está aberto de forma permanente durante todo o ano, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude no Departamento de Administración Electrónica e Apoio Dixital. 

foto