O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Os sábados deste Nadal serán máxicos en Teo. Teremos o Festival de Maxia do Nadal en Teo, co Mago Teto, co Mago da boina, cos magos Elisa e Ian e con Magic Mateo. Este festival está dirixido especialmente a un público familiar e será os sábados 6, 13 e 20 de decembro e o 3 de xaneiro na Ramallosa, no Auditorio Municipal. Todas as funcións serán ás 18.00 horas. A entrada será de balde pero precísase reservar entrada en teo.gal/actividades .
Comeza o Festival o sábado 6 co espectáculo GaleRock & Magic do Mago Teto, un espectáculo de moita maxia que se acompaña cun percorrido desde o rock do Xabarín Club que marcou unha xeración ata os grupos musicais actuais que están poñendo de novo a música galega no máis alto. Viaxamos desde o rock galego dos 80 e 90 de Siniestro ou Los Suaves ata o do século XXI pasando polo bravú.
O día 13 teremos ao Mago da boina coa función A Maxia dos Libros unha representación única onde Nami e O Mago da Boina dan vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Esta experiencia cómica está deseñada tanto para adultos como para nenos, fusionando a maxia cos beneficios da lectura. Unha viaxe fascinante que encantará a toda a familia.
O día 20 teremos a Elisa e Ian coa función Maxia sen trucos, un fermoso espectáculo cheo de cor e ilusión no que mesturan maxia e sombras chinesas creando un mundo imaxinario onde todo é posible.
E pechará este Nadal máxico o día 3 de xaneiro o xove Magic Mateo que é unha das promesas máis firmes do ilusionismo galego. Chega cun espectáculo cheo de aparicións, desaparicións, e sorprendentes xogos visuais que atrapan a atención de pequenos e maiores.
