O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Este sábado acenderemos as luces de Nadal en Teo. A partir das 18.30 horas, agardámosvos na praza da Estivada da Ribeira para dar así comezo a estas datas tan entrañables. Os máis cativos poderán logo desfrutar de balde dun chocolate quente con churros e divertirse coas actuacións musicais.
Así, ao igual que en anos anteriores, a iluminación navideña estará presente nas 13 parroquias que conforman o municipio, con figuras iluminativas en varias prazas do concello, glorietas e tamén nas 13 igrexas parroquiais. A idea é que haxa puntos luminosos en todas as parroquias, se ben é certo que -ao igual que no resto de municipios- se concentran máis adornos nas áreas comerciais para animar tamén a xente ao consumo local.
Ademais, no exterior do auditorio municipal da Ramallosa, colocarase o Recuncho de Nadal, un espazo onde estará a Caixa de Correos Real para que cada neno e nena poida entregar con tempo a súa carta aos Reis Magos de Oriente.
