O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello licita o contrato para a renovación do pavimento na urbanización San Sadurniño

| compartir:

O Concello licita o contrato para a renovación do pavimento na urbanización San Sadurniño, por importe de 253.970,09 euros. Os interesados teñen toda a información na Plataforma de Contratación do Sector Público e poderán presentar as ofertas ata o vindeiro 2 de decembro. 

As obras consistirán na mellora da capa de rodaxe das rúas Clara Campoamor, Pena da Corga, Fonte do Briso, Choupelo, Viveiro e Lameiriñas. Tamén se levará a cabo o recrecido das tapas de rexistro existentes ata a cota final de acabado. Nas entradas a garaxes, demolerase a beirarrúa existente para executarse en formigón armado, de maneira que garanta a súa durabilidade e resistencia ao desgaste polo paso dos vehículos, o que mellorará a conexión da beirarrúa coa calzada.

A deterioración dos viais é consecuencia tanto das inclemencias meteorolóxicas como do desgaste ocasionado polo tránsito de vehículos ao longo de tanto tempo. As actuacións previstas redundarán en beneficio da seguridade, accesibilidade e comodidade dos usuarios. 

foto