O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

O Concello amplía o seu programa de conciliación TeoMadruga a dúas escolas unitarias do Colexio Rural Agrupado

| compartir:

O Concello de Teo vén de acordar coa Asociación de Nais e Pais do Colexio Rural Agrupado (CRA) ampliar o servizo municipal TeoMadruga a dúas escolas unitarias -a de Reis e a de Raxó-, co fin de facilitar a conciliación familiar na franxa horaria de 8.30 a 9.30 horas nestas dúas escolas rurais. 

Trátase dun servizo demandado desde fai anos polos pais dos usuarios destes centros, aínda que a petición solicitada formalmente ao Concello chegou coa actual dirección da Anpa. Na xuntanza mantida onte pola tarde nas dependencias municipais, a alcaldesa Lucía Calvo de la Uz celebrou que se chegara a un acordo, posto que se trata dun servizo moi necesario para as familias, e reiteroulle aos representantes da Anpa a posibilidade de ampliar o dito servizo ás outras escolas unitarias, sempre que se consiga un mínimo de alumnos interesados. 

Así, a partir do 8 de xaneiro, despois das vacacións de Nadal, o alumnado que así o solicite poderá desfrutar do servizo de madrugadores, tendo dúas opcións dispoñibles: unha con almorzo (que será prestado por unha empresa externa especializada pero baixo a xestión do Concello) e outra sen el. 

En calquera caso, haberá descontos para os irmáns (un 25% no segundo neno) e as bonificacións son as recollidas no artigo 6 da Ordenanza reguladora do prezo público pola utilización dos servizos de conciliación da vida laboral e familiar (BOP núm. 160, do 24 de agosto de 2021). 

Este programa de conciliación xa se está impartindo nos Centros de Educación Infantil e Primaria de Teo, tendo prioridade para a utilización do mesmo as familias empadroadas no municipio. 

foto