O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Entregados os diplomas acreditativos dunha nova edición do curso de perfeccionamento de Internet e teléfono móbil

| compartir:

O concelleiro de Servizos Sociais e Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, acompañado pola alfabetizadora dixital do Concello, Silvia Casas, fixo entrega esta mañá dos diplomas acreditativos dunha nova edición do curso para maiores sobre perfeccionamento de Internet e teléfono móbil. 

Nesta quinta edición participaron un total de nove persoas, veciñas de Teo e maiores de 60 anos, que comezaron o curso o pasado 14 de febreiro e rematan hoxe a súa formación de 18 horas. Trátase da segunda parte dos cursos de iniciación á Internet e ao teléfono móbil, que permiten ampliar os coñecementos adquiridos na primeira fase. 

Ademais, cómpre lembrar que o período de inscrición para os cursos de iniciación e perfeccionamento está aberto de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.


 


 

foto