O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Dende o Servizo de Augas do Concello de Teo, infórmase que o vindeiro martes, 25 de novembro, procederase a cortar o subministro de auga por tarefas de mantemento na rede de distribución, entre as 9.30 e as 13.00 horas.
O corte afectará a rúa Ameneiro (números 10, 17, 19 e 20), a rúa do Buxo e ao número 9 da rúa Castiñeiro. Tamén se verán afectados o Centro de Educación Infantil e Primarias dos Tilos e o Centro de Saúde.
Cómpre señalar que o horario do corte é orientativo, restablecendo o subministro unha vez rematen os traballos previstos.
Dende o Concello pedimos desculpas de antemán polas molestias ocasionadas.