O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Visita institucional do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes para coñecer as necesidades do concello

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, recibiu hoxe unha visita institucional do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para coñecer as necesidades do concello e comprobar o resultado de distintas actuacións enmarcadas no apoio ao eido local e ao deporte. Tamén estiveron presentes a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto; o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e os concelleiros teenses de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, e de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro.

Ademais da Casa do Concello, o percorrido pola localidade incluíu diversas instalacións deportivas que contaron con axudas da Xunta de Galicia. Así, achegáronse ao pavillón deportivo municipal dos Tilos, onde se instalou unha nova cubrición sobre a cuberta do pavillón por importe de 48.300 euros. Con esta obra conseguiuse dar resposta ás deficiencias que rexistraba, como era a entrada de auga de chuvia por mor da corrosión da cuberta e a formación de humidade por condensación. 

Tamén se achegaron ata o campo municipal de fútbol de Calo, onde se procedeu ao arranxo do seu muro exterior e outras deficiencias menores nesta instalación deportiva. Para financiar parte deste gasto, o Concello beneficiouse dunha axuda de case 19.600 euros para levar a cabo a reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal. Unha achega que se completou con algo máis de 9.700 euros para a compra de material deportivo inventariable. 

foto

Arquivos descargables