O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Visita da conselleira de Política Social e Xuventude ao centro residencial de Pontevea

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañou esta mañá á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, na súa visita ao centro residencial de Pontevea. Tamén estivo o concelleiro de Servizos Sociais e Terceira Idade, Juan Cerqueiro. 

Alí coñeceron os servizos e o traballo dos profesionais que coidan diariamente ás persoas usuarias deste centro, un dos cinco existentes no municipio. 

Ademais de conversar con usuarios e persoal da residencia, ambas dirixentes aproveitaron para coñecer a actividade da residencia, así como as necesidades e demandas que precisan para mellorar o servizo prestado. 

Foto