O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Teo acolle de novo o programa “Camiños de coñecemento e experiencia da USC”, dirixido a persoas maiores de 50 anos

| compartir:

O Concello de Teo volve acoller o programa “Camiños de coñecemento e experiencia da USC”, dirixido a persoas maiores de 50 anos. Para participar non se require ningún tipo de formación académica previa, tendo preferencia as persoas non matriculadas no programa formativo oficial do IV Ciclo da USC. 

Esta edición, ao igual que en anos anteriores, realizarase nalgunha das instalacións municipais, de 16:30 a 18:00 horas. Contará con seis sesións e dúas visitas: unha a San Martín Pinario e outra ao Arquivo Municipal de Teo e ao local da Asociación A Mámoa de Luou.

O programa dividirase en catro sesións teóricas e catro sesións prácticas, todas elas relacionadas cos temas tratados os días previos. Comezarán o martes 20 de febreiro e rematarán o 6 de marzo. 

Entre as actividades están un seminario sobre participación social e comunitaria, outro sobre a prensa no Val do Ulla e a democratización do coñecemeto e un terceiro sobre a relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego. Así mesmo, realizarase un obradoiro de experiencias e programas de boas prácticas, así como un sobre ritmo e percusión. 

A inscrición e matrícula pódese facer ata o 19 de febreiro no Departamento de Cultura e Educación, de luns a venres, en horario de 09:30 a 14:00 horas. Ou ben chamando ao teléfono 981 941 063 ou enviando un correo electrónico a auxiliarcultura@teo.gal

cartel