O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025 

Presentado o III Torneo de Futsal de Nadal dos Tilos

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse co deportista profesional, Xavi Santos, para coñecer de primeira man o III Torneo de Futsal de Nadal dos Tilos, que organiza a Asociación de Veciños. Un certame deportivo que, este ano, estará dedicado ao veciño e traballador do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo falecido este verán, Julián Valdés Sobredo. 

Durante a reunión, a alcaldesa mostou interese por este certame, xa que promove un ocio sa entre a xuventude. Será este sábado, 14 de decembro, no pavillón municipal dos Tilos, en horario de tarde. Participarán varios equipos en formato “liguilla”, con trofeos para os tres primeiros.

foto