O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Obras de pavimentación no núcleo do Sisto

| compartir:

O Concello de Teo inicia mañá as obras de pavimentación no núcleo da aldea do Sisto, que se prolongarán durante 10 días para que o formigón poida compactar de forma correcta e segura.

Así, a obra consistirá na pavimentación con formigón do núcleo, acondicionando así o viario. Tamén se procederá á sinalización horizontal e vertical con pintado de liñas en bordos e colocación de sinais.

Por mor das obras, vanse a cortar diversas estradas ás que só poderán acceder os residentes desas zonas. En ningún caso se poderá pasar polo cruce principal do Sisto. Entendemos as molestias causadas e pedimos desculpas de antemán.

 

*Polas estradas marcadas con raias vermellas só poderán pasar os residentes.  

foto