O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O vindeiro domingo 21 de xaneiro celebrarase polos montes de Teo a IX Ruta BTT “Os do Monte Bravo” 2024

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Deportes e Xuventude, Gelucho Gómez, e o presidente do club ciclista Os do Monte Bravo, Toño Seoane, presentou esta mañá a IX Ruta BTT “OS DO MONTE BRAVO” 2024 , que sairá o vindeiro domingo 21 de xaneiro desde o pavillón deportivo municipal de Calo. Ademais, para os máis cativos, haberá unha xincana no pavillón durante a mañá que será de balde para todos os participantes. 

O percorrido da ruta BTT constará de 43 quilómetros que transcorrerán, na súa maior parte, por camiños rurais e forestais do concello de Teo. Esta proba, cuxa inscrición é de 15 euros, é de carácter non competitiva e non federada, pero existirá un control de tempos mediante chip para cada participante. 

Poderán participar na ruta BTT todas as persoas que realicen axeitadamente o proceso de inscrición na páxina web de Galitiming, estando limitada a 400 participantes. Ademais, os menores de idade deberán traer unha declaración xurada firmada por parte do pai, nai ou titor que poderán descargar tamén dende esa mesma páxina web. O prazo de inscrición finaliza o vindeiro luns, 15 de xaneiro ás 23:59 horas.

A inscrición dará dereito á participación na proba e incluirá os avituallamentos (bebida, froita, bolería, etc.), dorsal personalizado da proba, servizo de lavado de bicicletas, duchas, servizo de ambulancia, seguro R.C. e de accidentes e un pincho ao rematar a proba. 

A concentración e entrega de dorsais terá lugar a partir das 8:00 horas do domingo 21 de xaneiro no pavillón de Calo. A saída efectuarase ás 9:30 horas e contará coa presenza da rexedora municipal e do concelleiro da área competente.

foto

Arquivos descargables

Attachment Size
cartel ruta BTT Os do Monte Bravo.jpg 336.32 KB