O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

O Concello e o Sindicato Unificado de Policía solicitarán unha Unidade de Documentación para o municipio

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse co secretario xeral do Sindicato Unificado de Policía (SUP), Roberto González Rodríguez, e o secretario provincial da Coruña, Abel Lobato Buján, para iniciar os trámites de solicitude dunha Unidade de Documentación no municipio.

Así, tanto a alcaldesa como os representantes están de acordo en que o Concello de Teo debe contar cunha oficina propia, co fin de facilitarlle á veciñanza a realización de xestións varias, xa que ata o de agora se tiña que desprazar a outras poboacións veciñas onde contan con Comisaría de Policía. Desta forma, salientou a rexedora, “mellóranse os servizos para a cidadanía aquí en Teo, como pode ser algo tan importante como é a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI)”.

Neste senso, cabe subliñar que estas unidades de documentación creáronse en diferentes poboacións que, por ser situacións estratéxicas, xustificando así a súa instalación. Precisamente, o municipio de Teo é un enclave destacable, pois daría cobertura á súa propia veciñanza e á contorna de forma máis eficiente e sen contar con esperas tan importantes como noutros municipios que se ven sobrecargados.

Estas unidades teñen competencias en materia de expedición de documentación de residentes nacionais (DNI, pasaportes e actualización dos certificados do DNIe), así como os relacionados con tarxetas de identificación de estranxeiros. Polo tanto, prestarían un servizo moi importante para o municipio.

Tras unha xuntanza moi produtiva, o Concello de Teo iniciará de forma inmediata as xestións necesarias ante o Ministerio do Interior para solicitar a dita unidade, ao mesmo tempo que o SUP tamén levará a cabo trámites neste mesmo senso.


 

foto