O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
O Servizo de Bono Social Eléctrico reanudarase o 3 de setembro de 2025
Dende hoxe incorpórase unha nova traballadora social ao centro de saúde de Cacheiras, complementando así os servizos sanitarios prestados en Teo e reforzando a atención aos veciños e veciñas do municipio. Faráo en quenda de tarde e dous días á semana.
Precisamente, esta mañá a alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, reuníuse coa xerente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Eloína Núñez, para abordar posibles melloras estruturais nos distintos centros sanitarios que ten o municipio. Coincidindo coa súa visita ao centro médico de Cacheiras, a alcaldesa e a xerente aproveitaron para saúdar e coñecer á nova traballadora social.