O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Finalizada unha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil.

Desta forma, dáse por rematada a dita formación, que desta vez beneficiou a unha decena de persoas de distintas parroquias do municipio. Este tipo de formación é moi demandada pola veciñanza co fin de poder adquirir coñecementos informáticos básicos e así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. De feito, na medida en que finaliza un curso se proxecta unha nova edición, dado o gran éxito desta formación entre os usuarios. Así, a inscrición está aberta de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.

Neste senso, a alcaldesa agradeceulle aos asistentes a súa participación e salientou a importancia de seguir ampliando coñecementos independentemente da idade, xa que os ditos cursos están pensados para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello.

foto