O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Finalizada unha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil

| compartir:

A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, acompañada polo concelleiro de Relacións Veciñais, Juan Cerqueiro, entregou esta mañá os diplomas dunha nova edición do curso para maiores sobre iniciación a Internet e ao teléfono móbil.

Así, dáse por rematada a dita formación, que desta vez beneficiou a veciños e veciñas da parroquia dos Tilos, maioritariamente. Este tipo de formación é moi demandada pola veciñanza co fin de poder adquirir coñecementos informáticos básicos e así poder manexar o ordenador e o teléfono móbil. 

De feito, a inscrición está aberta de forma permanente, polo que as persoas que se queiran anotar deben pasar polo Consistorio para cubrir a súa correspondente solicitude.

Durante a entrega de diplomas, a alcaldesa agradeceulle aos asistentes a súa participación e salientou a importancia de seguir ampliando coñecementos independentemente da idade, xa que os ditos cursos están pensados para persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello. 

 

curso