O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Volve o tradicional concurso de postais “Debuxa o Nadal” de Teo

| compartir:

A Concellaría de Cultura e a Concellaría de Educación e Lingua retoma o tradicional concurso de postais “Debuxa o Nadal”, que se deixou de facer durante os anos 2021 e 2022. Nesta XXII edición poderán participar todos os nenos e nenas de educación infantil e primaria que estean matriculados nalgún dos centros educativos públicos do Concello de Teo. 

As obras presentaranse nunha dimensión máxima de 21 x 15 centímetros. O tema dos debuxos e da expresión dos desexos será libre, pero deberá ter relación co Nadal. Na postal realizada polo alumnado de Educación Infantil e Primaria valorarase que se escriba un desexo expresado de cara o Nadal.

Cada postal deberá ter escrito pola parte traseira os seguintes datos: nome e apelidos, idade, teléfono, curso e colexio.

 

Categorías e premios:

CATEGORÍA A: EDUCACIÓN INFANTIL (de 0 a 6 anos)

1º premio: un diploma e un vale por importe de 50 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar).

2º premio: un diploma e un vale por importe de 30 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar).

 

CATEGORÍA B: PRIMEIRO GRUPO (1º, 2º e 3º de Primaria).

1º premio: un diploma e un vale por importe de 50 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar).

2º premio: un diploma e un vale por importe de 30 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar).

 

CATEGORÍA C: SEGUNDO GRUPO (4º, 5º e  6º de Primaria).

1º premio: un diploma e un vale por importe de 50 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar).

2º premio: un diploma e un vale por importe de 30 € en material didáctico (libros, xogos ou material escolar).


Entre as postais premiadas escolleranse aquelas máis acaídas para felicitar o Nadal.

 

Prazo de presentación: o prazo para a presentación de postais iníciase o 24 de novembro e remata o 11 de decembro de 2023. 

 

Onde podes entregalas?

Os traballos poden presentarse no Departamento de Cultura do Concello (de 8,00 a 15,00 horas), na Mediateca do Grilo, na Biblioteca dos Tilos ou nos centros educativos do concello como é habitual. 

Se precisas máis información podes poñerte en contacto co Departamento de Cultura e Educación do Concello no teléfono 981 941 063 (de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas).

 

concurso

Arquivos descargables

Attachment Size
Cartel_0.jpg 269.9 KB
Cartel-atras.jpg 376.87 KB