O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

A unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” estará na Praza dos Encontros da Ramallosa, os días 31 de Agosto e o 1 e 4 de Setembro

| compartir:

O Concello de Teo, a través da Concellaría de Servizos Sociais, Familia, Infancia, 3ª Idade e Relacións Veciñais, informa de que os vindeiros días 31 de Agosto e o 1 e 4 de Setembro, na plaza dos Encontros ( Ramallosa ), onde a EIM e a piscina cuberta se instalará unha unidade móbil do programa “Coidados porta a porta”.
“Coidados porta a porta” é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ofrece servizos gratuítos de estimulación da memoria, podoloxía e audioloxía ás persoas maiores de 55 anos. Para acceder ao servizo cómpre solicitar cita previa nos teléfonos 622 748 283, ou ben no enderezo 
coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Neste senso, e solicitando cita previa, poderase acceder a distintos coidados das tres áreas. No servizo de podoloxía farase unha consulta básica (valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de unllas; eliminación de durezas, calosidades e helomas). En audioloxía, realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. Ademais, no ámbito da estimulación da memoria, levarase a cabo unha valoración cognitiva e achegaranse pautas dende unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

Para máis información sobre este servizo e para solicitar cita previa, pódese chamar ao teléfonos 622 748 283 ou ben escribir ao enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.galSe os veciños teñen algunha dúbida ó respeto tamén poden contactar coa Concellaría de Servizos Sociais, Familia, Infancia, 3ª Idade e Relacións Veciñais polos medios habituais. Ademáis tamén se pode consultar o tríptico do programa premendo nesta ligazón.

“Coidados porta a porta”, un servizo da Xunta de Galicia, está financiado con fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), da Unión Europea, transferidos a Galicia polo Goberno de España, que están facendo posible a oferta deste tipo de programas.

 

 

servizo porta a porta

Arquivos descargables

Attachment Size
porta_a_porta_triptico_gal.pdf 111.08 KB