O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Unha representación da cativada de Teo participou esta mañá no XI Foro Infantil de UNICEF, celebrado no Parlamento de Galicia

| compartir:

Esta mañá celebrouse no Parlamento de Galicia o XI Foro Infantil de UNICEF, onde participou unha representación da cativada de Teo pertencente ao Consello Local de Participación Infantil e Adolescente. 

Os nenos e nenas estiveron acompañados polo concelleiro de Servicios Sociais, Familia e Infancia, Juan Jesús Cerqueiro, e a educadora familiar, Eva López. Durante o foro, o representante de Teo -Eloy Candal- deu conta das solicitudes e demandas da rapazada do municipio a prol do benestar e seguridade dos nenos e nenas do municipio.

No acto foron escoitados polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo José Rey, e a presidenta de UNICEF Comité Galicia, Miriam Garabito, entre outras autoridades.

Programa Cidades Amigas da Infancia

A xornada pechouse coa entrega ao Parlamento do cadro realizado con Leandro Lamas no III Encontro Galego de Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, celebrado recentemente no Carballiño. 

Ademais, cómpre destacar tamén que a presidencia de UNICEF Comité Español acaba de renovar o recoñecemento ao Concello de Teo como Cidade Amiga da Infancia. Este programa busca contribuír a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garanten o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.


 

parlamento