O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Últimos días para mercar as parcelas municipais que vende o Concello

| compartir:

O Concello vende 20 parcelas, todas edificables. O anuncio desta venda vén de publicarse no Boletín Oficial da Provincia do 14 de decembro, unha publicación que abre o prazo para presentar ofertas.

Están situadas a maioría en Cacheiras, na zona de Augas Mansas, aínda que tamén hai dúas na zona dos Verxeis, unha na Torre e outra en Cornide. A venda farase mediante poxa e a licitación e as condicións deste procedemento podedes consultalas completas premendo aquí.

Saen á venda 14 lotes e un total de 21 parcelas, xa que en varios lotes hai dúas parcelas. As fincas de Augas mansas teñen capacidade para construír adosados. O sistema de venda farase mediante poxa en sobre pechado. Deste xeito levará o lote a oferta máis alta das presentadas. A documentación completa do procedemento de venda poderase consultar a partir da publicación do anuncio de licitación.

Se algunha persoa está interesada en coñecer a ubicación dalgunha das parcelas pode premer aquí

O prazo para presentar as ofertas para a compra abre o 15 de decembro de 2022 e remata o 12 de xaneiro de 2023. As propostas fóra deste prazo oficial non se terán en conta.

O prazo que se establecerá dende o anuncio para formalizar a solicitude será de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación do citado anuncio.

Outros datos de interese como o prezo de saída dos lotes ou o tamaño das parquelas podes consultalos nos pregos de licitación

 

plano

Arquivos descargables