O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Remata a mellora da escola da Casalonga

| compartir:

A concelleira de Educación, María López, vén de confirmarlle á dirección do CRA de Teo o remate dos traballos na escola unitaria da Casalonga. Nos últimos meses fixéronse obras de mellora neste centro que se achegaron aos 50.000 euros. A partida máis importante foi para o reforzo estrutural do edificio, de xeito que se poida usar a planta alta do mesmo.

Xunto con esta obra principal fixérase tamén o pintado das aulas inferiores, dos baños e do espazo das escaleiras así como o cambio das luminarias e novos puntos de encendido. En canto á carpintería colocouse un pasamáns e o zócalo na planta baixa. 

Logo desta actuación inicial, na planta alta realizáronse máis melloras. Unha vez que se fixo o reforzo tamén se eliminou a tabiquería antiga de xeito que quedaron dous espazo amplos. Nestas aulas colocouse a tarima e cambiáronse as ventás ademais de instalar a calefacción nesta primeira planta. Dende o Concello xa se lle informou ao equipo directivo do CRA que as instalacións están preparadas para un uso lectivo. 

Casalonga