O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Publícanse as listaxes definitivas da rapazada admitida no DiverTeo Nadal 2023

| compartir:

Publícanse as listaxes definitivas da rapazada admitida no DiverTeo Nadal. Cómpre ter en conta o seguinte:

1. A adxudicación de prazas está identificada do seguinte xeito: no caso de presentación a través da sede electrónica: RT últimos catro díxitos do número de rexistro/23. No caso de solicitar para máis dunha crianza, irá seguido dun guión e dun ordinal segundo corresponda (p.e. RT1010/23-1).