O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

As persoas con dependencia recoñecida e atendidas nas súas casas percibirán de forma automática a axuda de 5.000 euros ao ano do Bono Coidado no Fogar

| compartir:

A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo de la Uz, xunto ao concelleiro de Servizos Sociais, Juan Cerqueiro, acompañou á conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, nun encontro celebrado esta mañá en Teo con dous beneficiarios do Bono Coidado no Fogar para trasladarlle as novidades desta prestación.

Durante o encontro, fíxose fincapé en que aquelas persoas con dependencia recoñecida e atendidas nas súas casas non terán que realizar ningún trámite para percibir esta axuda de 5.000 euros ao ano, xa que terá carácter automático.  

Así, estas axudas non están dirixidas unicamente ás persoas maiores, senón a todas as persoas con dependencia independentemente da súa idade, grao de dependencia ou situación económica. O próximo ano recibirán esta axuda 20.000 familias galegas e o Goberno galego destinará para a súa posta en marcha máis de 100 millóns de euros. As persoas que non teñen recoñecida a dependencia ou que perciben outra axuda e queren cambiarse, poderán facelo acudindo os servizos sociais comunitarios.  

A conselleira destacou que a Xunta apoia ás persoas con dependencia a realizar o seu proxecto de vida alí onde prefiren ao tempo que están ben atendidos. Para facelo posible, refórzase cada ano o investimento no Servizo de Axuda no Fogar, que atende a 26.000 galegos nas súas casas; estase a mellorar o servizo de Teleasistencia, para poñer os avances tecnolóxicos ao servizo destas persoas; e como estas axudas económicas para o coidado no fogar.

Pola súa parte, a rexedora agradeceu a implicación da Administración galega para mellorar a calidade de vida destas persoas e das súas familias, facilitando recursos humanos, técnicos e económicos.

Foto