O Servizo de Bono Social Eléctrico pasará a prestarse todos os mércores en horario de 10:00 h a 12:00 horas no Salón de Plenos.

Pechada a “Campaña Neve 2024” para que a rapazada de entre 11 e 15 anos poida desfrutar de cursos de esquí na estación asturiana de Pajares

| compartir:

O Concello informa que se abre o prazo de solicitude para anotarse na “Campaña Neve 2024”, organizada pola Deputación da Coruña. Así, a rapazada de entre 11 e 15 anos, ambos inclusive e cumpridos a 31 de decembro de 2023, poderán desfrutar entre xaneiro e febreiro de 2024 de clases de esquí na estación de Pajares (Asturias). O prazo de inscrición remata o vindeiro 1 de decembro. 

Tal e como se recollen nas bases, os interesados deberán anotarse no seu concello de empadroamento presentando a ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai ou, de ser o caso, polo titor. Deberan acompañala da fotocopia da tarxeta sanitaria e do carné de identidade do neno (ou libro de familia en caso de non telo). Tendes toda a información dispoñible nos documentos adxuntos.

Esta iniciativa ten un custo de 85 euros por neno e inclúe o transporte, a estadía e a manutención na estación invernal de Valgrande, en Pajares. Ademais, tamén vai incluido no prezo as clases de esquí, os monitores, seguros, alugamento de material e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Por último, cómpre sinalar que terán preferencia nestas actividades os nenos e nenas que non fosen a ningunha campaña de neve da Deputación.